ACE-EU esixe a bonificación por nivel de renda para os usuarios dos comedores escolares

ACE-EU proporá establecer un baremo de bonificacións baseada na renda per cápita mensual da unidade familiar, que irían dende o 20% ata o 100% (gratuidade total) para as familias en situación de emerxencia económica ou outro tipo de circunstancias sensíbeis como as vítimas de violencia de xénero, e fixar descontos dun mínimo do 20% por cada alumno atendido cando asistan varios irmáns ao mesmo centro de ensino, así como para familias numerosas e monoparentais.

“Consideramos un abuso por parte da administración local facer pagar por exemplo a una familia con dous fillos no mesmo centro 160 euros ao mes sen ter en conta a situación laboral dos pais ou calquera outro tipo de circunstancia económica, o goberno local non pode vivir de costas a realidade, como que máis da metade das familias lucenses teñen problemas para chegar a fin de mes ou que 2.000 cativos da cidade sofren carencias nutricionais derivadas da situación da súa familia”, apunta Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

O executivo local pon como escusa para non aplicar criterios de progresividade nos prezos, tal como afirmou en comisión o responsable de Educación, Manuel Núñez, que o Concello non ten capacidade para acceder aos datos persoais das familias e que a propia Xunta de Galicia no seu decreto de 2013 que regula os comedores escolares dos centros de ensino público non contempla a progresividade nos prezos por nivel de renda. Sen embargo, segundo Portomeñe “en case tódolos concellos galegos nos que existe xestión municipal do servizo de comedores escolares, existen bonificacións baseadas no nivel de renda das familias”. E rematou dicindo que o concello pode “elaborar un modelo de solicitude de bonificacións dos prezos de comedor no que se requira a documentación da declaración da renda de cada usuario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com