ACE propón adiantar a setembro o debate sobre o estado do Concello

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida solicita que o debate sobre o estado do Concello, previsto na Lei de Grandes Cidades á que está acollida o municipio lucense e incluido dende 2007 no seu Regulamento Orgánico Municipal, se celebre xa o vindeiro mes de setembro.

Precisamente, o primeiro debate sobre o estado do Concello, que debe realizarse en tres ocasións por mandato, agás en ano electoral; tivo lugar o 22 de setembro de 2008, e continuou celebrándose anualmente en setembro ata que no seu último mandato o ex alcalde López Orozco adiou a cita anual ata decembro.

ACE-EU considera convinte que este debate volva adiantarse a setembro, pois en decembro se acumulan outros deberes plenarios que deberan ser ineludibles, como a aprobación das modificacións das ordenanzas fiscais e dos orzamentos, coa fin de evitar que se volva comezar outro ano sen ter consensuados os documentos económicos básicos que rexen a política municipal.

“Se a alcaldesa decidise agardar ata decembro para convocar o debate do estado do Concello significará que Lugo estará dous anos sen que os seus representantes elixidos democráticamente poidan confrontar de xeito púbico e transparente as liñas estratéxicas que deben definir o seu proxecto de cidade”, remarcou o voceiro de ACE, Carlos Portomeñe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com