Logo da reunión mantida hoxe entre o Concello de Lugo e Plataforma de Veciños do Barrio Centro de Lugo, no que buscaba achegar posturas para un acordó sobre a peonalización do centro, no devandito encontro, o Concello trasladou aos representantes da Plataforma, que “unha vez valoradas as propostas realizadas polos veciños con respecto aos proxectos de peonalización do Centro, aceptáronse a práctica totalidade das mesmas, unha vez comprobada a súa coherencia e a súa viabilidade técnica”.
A Plataforma de Veciños do Barrio Centro de Lugo, desde a súa constitución hai apenas 3 meses, expuxo ao Concello algunhas propostas de mellora destes proxectos de peonalización “baseadas nas demandas veciñais e estudadas tecnicamente para garantir a súa completa viabilidade. Ditas propostas fóronse traballando en distintas reunións bilaterais co Concello, ata o día de hoxe”.
A Plataforma de Veciños do Barrio Centro de Lugo “valora moi positivamente a actitude receptiva e colaborativa do Concello ás inquietudes dos veciños do Barrio, cumprindo as súas expectativas e mantén a súa colaboración e compromiso dun traballo serio, rigoroso e efectivo favorecendo a necesaria participación cidadá en favor do Barrio centro e da Cidade de Lugo”.