Acordo unánime do Pleno para esixir o xulgado do social

Os grupos políticos da Corporación aprobaron hoxe por unanimidade unha declaración institucional proposta polo equipo de goberno para esixir a creación dun novo xulgado social para Lugo. Nesta declaración os grupos aseguran que os tres xulgados do social que hai actualmente na provincia “soportan unha carga de traballo moi superior á que establece o Consello Xeral do Poder Xudicial” e escúdanse tamén nas denuncias realizadas polo Colexio de Avogados que aseguran que as vistas ordinarias estanse a establecer xa no ano 2021 por exceso de traballo.

Segundo a declaración institucional, todos os datos obxectivos avalan a creación dunha nova sala do social en beneficio da cidadanía xa que cada un dos Xulgados actuais reciben unha media de 1.150 asuntos anuais, o que significa unha sobrecarga de traballo superior ao 145%, situación que afecta a máis de 4.000 lucenses. Así o entendeu tamén a Comisión Mixta de Xustiza de Galicia, que presentou esta petición como prioritaria ante o Ministerio de Xustiza.

Ademais, a Alcaldesa solicitou unha reunión urxente e inmediata coa Ministra de Xustiza, Dolores Delgado, co fin de explicarlle de primeira man as circunstancias que determinan que resulta prioritario e imprescindible a creación dun cuarto xulgado do social en Lugo co obxectivo de que o departamento ministerial revoque a denegación da unidade xudicial. “Nós non cambiamos de opinión nin de necesidades en función de quen goberne en Madrid. As necesidades da cidade son as mesmas e polo tanto vamos a reivindicalas sempre”, subliñou Lara Méndez.

Xulgado do Social

Son nestes órganos onde se resolven cuestións de primeira necesidade, como pensións de fundamental subsistencia ou outras que requiren que se afronten coa maior rapidez posible, como reclamacións de salarios, indemnizacións, EREs ou vulneracións de dereitos fundamentais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com