Activado o Plan Reanima Lugo, para axudas a autónomos, empresarios e familias

Esta Semana Santa poderán consultarse na web do Concello de Lugo e a semana que vén se publicarán no BOP e abrirase o prazo para solicitar as subvencións. A alcaldesa lembra que son axudas directas para que “o noso tecido empresarial gañe en liquidez, poida facer fronte aos gastos e intentar así protexer os postos de traballos”.

Intentouse reducir nestas bases a burocracia para que sexa máis doada a súa tramitación co fin de que sexan efectivas o máis rápido posible tendo en conta a situación delicada na que está a economía local derivada das consecuencias desta crise sanitaria”, apuntou a rexedora.

O Concello habilitará canles informativas para que as persoas que queiran optar ás axudas consulten as súas dúbidas. A rexedora lembrou que “estas subvencións queren ser complementarias ás axudas que poñen en marcha outras administracións como o Goberno central ou a Xunta de Galicia co fin de, entre todos, sumar máis”.

A estas axudas poderán presentarse aquelas empresas que se viron afectadas polo peche das súas actividades debido aos decretos marcados polo Goberno central, así como os autónomos, ademais daquelas que reduciran a súa facturación polo menos un 75% no mes anterior á pedir esta axuda. As empresas deberán ter o seu domicilio fiscal en Lugo, ou, de non ser así, ter no municipio o establecemento ou local onde desenvolva a súa actividade.

Medidas de axuda á conciliación da vida familiar e laboral por situacións derivadas do COVID 19,

A esta liña van poder optar os autónomos e os traballadores por conta allea que experimentaran unha merma nos seus ingresos a consecuencia de ser incluídos nun ERTE, ou tido necesidade de solicitar excedencia ou redución de xornada para a atención de fillos menores de 12 anos aos que lles tivera afectado o peche dos centros educativos con motivo da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com