Un incendio forestal está activo, desde as 23.27 horas de onte, no concello de Samos, parroquia de Santalla que, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta arredor de 200 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 2 axentes, 8 brigadas, 5 motobombas e 3 pas.
Asemade a Consellería de Medio Rural informa que permanece controlado desde as 14.42 horas do domingo o incendio forestal do concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro, que se iniciou ás 15.30 horas do martes día 5 e que, segundo as últimas estimacións, afecta arredor de 150 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 6 técnicos, 60 axentes, 89 brigadas, 85 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 8 avións.