" />

Adega organiza unha visita a olaría de Bonxe e unha andaina de San Lourenzo

Poñendo punto e final ás xornadas ambientais de verán “Os catro elementos” o vindeiro domingo 26 de xullo, tócalle á TERRA, cunha visita á Olaría de Bonxe e andaina ás barreiras de San Lourenzo.
O punto de partida será ás 10.30h dende a Olaría, e camiñando chegaremos ata ás barreiras de San Lourenzo, a uns 3 Kms. Coñeceremos da man de Hixinio Flores, ás barreiras de San Lourenzo, de onde quitaban a materia prima da que foi a actividade principal de Bonxe durante moito tempo.
Na volta visitaremos o interior da olaría, esta vez Pepa Lombao explicaranos o proceso de transformación do barro en pezas facilmente identificables ao seu lugar de orixe.
Para participar na visita é preciso reservar praza chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal, indicando nome apelidos, e teléfono de contacto. As prazas son limitadas a 15 persoas. A actividade é de balde.
Para evitar a propagación da COVID19 é necesario o uso de máscara e dispoñeremos de xel hidroalcólico para a entrada da olaría.
Con esta actividade ponse punto e final ás xornadas, coas que quixemos recoñecer os elementos da natureza, baseándonos na observación e o seu aproveitamento dende o principio da sustentabilidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo