" />

Adiado o XIV Hectómetro literario no Paseo dos soños de Vilalba

Para o dezaoito de abril estaba previsto efectuar en Vilalba a inauguración  dun novo Hectómetro Literario no Paseo dos Soños (o número XIV), por iniciativa da Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María.

As actuais circunstancias sanitarias obrigan a adiar esta celebración ata que a situación se normalice, sen por agora poder determinar data de celebración. En canto sexa posible planificar estes actos farase pública convocatoria e invitación.

No Paseo dos Soños de Vilalba teñen xa cadanseu Hectómetro Literario Paco Martín, Manuel María, Agustín Fernández Paz, Darío Xohán Cabana, Xabier P. Docampo, Xosé Manuel Carballo, Margarita Ledo, Helena Villar-Xesús Rábade, Xosé Chao Rego, Ramón Luis Chao, Xulio Xiz, Mini e Mero, e Alfonso Blanco Torrado.

         

.


Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo