Adif convoca unha reunión co Concello e Xunta para avanzar no proxecto construtivo da Intermodal

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias convocou para o vindeiro 5 de marzo una Comisión Técnica para presentar os avances do proxecto que está a redactar para a construción da Estación Intermodal en Lugo.

Á reunión, que terá lugar na cidade, están convocados o Concello de Lugo e tamén a Xunta de Galicia. Por parte do Goberno local, acudirán o conselleiro de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, e varios técnicos municipais, e ADIF adiantou que, pola súa parte, enviará a técnicos da UTE adxudicataria do proxecto.

Por parte do Goberno galego, Adif espera poder contar xa coa presenza do consultor que redactará o proxecto da terminal de autobuses co ánimo de dar pasos na coordinación desta estación e a de ferrocarril. En canto ao convenio pendente de asinar, existe unha proposta primixénea á que as tres Administracións fixeron aportacións, e inicialmente estaba prevista unha reunión entre ADIF Xunta e Concello para finais de xaneiro co fin de pechar un acordo para ir executando os traballos de xeito paralelo, xuntanza que o Goberno galego pospuxo. ADIF está agora á espera de que sexa o executivo autonómico o que peche unha data para abordalo e lembra que este convenio xa está asinado nas intermodais que se executan en Ourense, Santiago e Vigo. O devandito convenio establecerá as responsabilidades de cada unha das administracións e os recursos de financiamento que aportará cada unha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com