" />

Adif inviste máis de 17M€ en tres proxectos para mellorar o ferrocarril na provincia

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, deu conta hoxe dos últimos avances en varios proxectos que ten en marcha Adif para mellorar o ferrocarril na provincia de Lugo, nos que está previsto un investimento de máis de 17 millóns de euros. Trátase da redacción de proxectos de mellora da infraestrutura e vía do Covas-Monforte de Lemos e do subministro de carril para a renovación do treito Ourense-Monforte de Lemos- Lugo, así como do tratamento de elementos da infraestrutura no treito Monforte-Lugo.

Isabel Rodríguez destacou que “mentres algúns parecen descubrir agora o que Lugo tiña tren e o a abandono no que eles mesmos o deixaron, o Goberno segue a traballar e a sacar adiante investimentos e proxectos para ofrecer aos lucenses mellores comunicacións por ferrocarril”.

A subdelegada informou de que, coa publicación hoxe da licitación no BOE, abrirase o prazo de presentación de ofertas para a redacción de proxectos de mellora do treito Covas-Monforte de Lemos, correspondente á liña de ancho convencional León-A Coruña, un contrato que conta con un presuposto de licitación de máis de 3,36 millóns de euros (IVE incluído).

O contrato é para a realización dos estudos e proxectos de mellora de desmontes, terrapléns, pontes, túneles, obras de drenaxe e renovación de elementos de vía do treito Covas-Monforte. O treito ao que se destinan estas actuacións, duns 85 km de lonxitude, formará parte do Corredor Atlántico ferroviario, no traxecto Vigo-Ourense-Monforte-León.

A licitación deste contrato publicase este xoves no Boletín Oficial do Estado e o prazo para a presentación de ofertas estará aberto ata o 27 de febreiro.

Ademais, Adif xa formalizou o contrato para o subministro e transporte de carril para a renovación de vía entre as estacións de Ourense-Monforte-Lugo. Este proxecto foi adxudicado nun importe superior a 14,6 millóns de euros á empresa ArcelorMittal España. Este contrato divídese en dous lotes e inclúe o subministro de 15.118 toneladas de carril. O lote 1, para o treito Ourense-Monforte, componse de 6.436 toneladas e foi adxudicado en 6,3 millóns de euros. O lote 2, para o treito Monforte-Lugo, contempla 8.682 toneladas e adxudicouse por 8,3 millóns de euros.

Unha terceira actuación de Adif destinada a mellorar o ferrocarril na provincia, da que tamén dá conta hoxe o BOE, é o proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura entre os puntos kilométricos 386,474 e 396,299 do treito Monforte de Lemos-Lugo, na liña 800. Neste caso, Adif somete o proxecto, para actuacións en elementos como pontes, túneles e explanacións, a información pública a efectos de expropiacións.  A documentación pode consultarse na Subdelegación do Goberno, na Subdirección de Infraestructura e Vía, no Concello de Sarria, e Información Pública do Portal de Transparencia da web de ADIF.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo