“Papeiras”: as novas galletas de “Galletas Xianas” inspiradas na Ribeira Sacra

O obrador de Taboada presenta tres sabores para un produto que toma o nome dunha expresión popular ligada ás vendimas nas beiras do Miño.

O obrador Galletas Xianas, de Taboada, amplía a súa oferta co lanzamento de Papeiras, unhas galletas dispoñibles en tres variedades: manteiga, améndoa e manteiga con pebidas de chocolate.

O nome recupera, segundo conta a tradición oral da zona, os aturuxos que se intercambiaban durante a vendima os viticultores das dúas beiras do Miño. Dende o lado de Taboada, Chantada e Carballedo berraban «Ei, rabudos!», mentres que dende a beira de Pantón e O Saviñao respondían «Ei, papeiros!». As explicacións populares sobre a orixe destes alcumes forman parte dese relato local que agora inspira o nome das galletas.

Galletas Xianas sinala que as Papeiras contan co selo Artesanía Alimentaria de Galicia e que se elaboran sen aditivos, conservantes nin colorantes. Con este lanzamento, o obrador une unha nova proposta doce cunha historia vencellada á paisaxe e á memoria da Ribeira Sacra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com