Adif licita a redacción de proxectos de mellora do tramo Covas- Monforte de Lemos

Adif vén de aprobar a licitación dun contrato para a redacción de proxectos de mellora de infraestrutura e vía no tramo Covas – Monforte de Lemos, pertencente á liña de ancho convencional León-A Coruña.

O tramo formará parte do Corredor Atlántico ferroviario, no traxecto Vigo-Ourense-Monforte-León. O contrato, cun orzamento de licitación de 3.365.366,12 euros e comprende o estudo e posterior redacción de proxectos
de mellora, en caso necesario, de desmontes, terrapléns, pontes, túneles e obras de drenaxe, así como a renovación de elementos de vía do tramo Covas-Monforte, dun 85 km de lonxitude.

Entre as actuacións que se levarán a cabo, o proxecto contempla a análise dos problemas detectados en desmontes e terrapléns así como as solucións para os puntos onde sexa necesario actuar. Noutro senso, efectuarán inspeccións en todas as pontes do tramo así como nos problemas detectados nos túneles. Por último, proxectaráse a análise das obras de drenaxe e a renovación da vía en todo o tramo.

O obxectivo destes proxectos de mellora é optimizar as condicións de explotación comercial da liña, así como promover os tráficos de mercadorías no marco do Corredor Atlántico ferroviario. Adif ten como unha das súas misións fundamentais a conservación e modernización das infraestruturas ferroviarias, garantindo a seguridade do tráfico ferroviario e o mantemento dun adecuado nivel de servizo das infraestruturas durante a súa vida útil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com