Adxudicadas as obras nas rúas Vento, Monte Adeiro e Monte Pía Paxaro

O Alcalde en funcións, Rubén Arroxo, xunto co voceiro do Psoe, Miguel Fernández, anunciaron na rolda de prensa de hoxe que a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación das obras de pavimentación nas rúas Monte Adeiro e Monte Pia Paxaro, no barrio das Gándaras, e na rúa Vento, no barrio da Albeiros. Segundo Arroxo, ambas obras teñen un prazo de execución dun mes.

A Xunta de Goberno aprobou tamén a adxudicación do contrato do servizo de mantemento de ascensores e portas mecánicas do Concello, adxudicado a AENOR.

Novo auditorio.

En respostas aos medios, Rubén Arroxo indicou que “nos chamou a atención que a Xunta dixese que estaba pendente de que o Concello dese a alta da luz eléctrica”. Segundo Arroxo, “entendíamos que isto quedara explicado”. “Mentres este edificio non sexa entregado ao Concello, non se pode dar de alta a electricidade”, indicou Rubén Arroxo, que indicou que “a obra mantense coa luz de obra, que é unha cuestión da Xunta”. Rubén Arroxo indicou tamén que “temos un reto moi interesante que dende a área de Cultura se está estudando porque temos catro grandes edificios culturais e é ilusionante poderlles dar contido e que teñan unha actividade que sexa do interese da veciñanza de Lugo”.

 

Peonalización da Mosqueira

Rubén Arroxo indicou que “a nosa idea é que no ano 2020, cando haxa orzamentos, se poidan dar os pasos para levar isto adiante e se é posíbel, poder rematar esta actuación durante ese ano”. Rubén Arroxo indicou que “estamos traballando nun plan de mobilidade específico para a modificación do tráfico” e engadiu que “queremos que este espazo, máis aló de ser unha rúa da que se retiren os vehículos, sexa unha praza emblemática para Lugo”

Rotonda da Avenida da Coruña

Rubén Arroxo indicou que “esperamos que se poidan facer probas cunha rotonda provisional en pouco tempo”. O Alcalde en Funcións indicou que “no servizo de enxeñaría xa se está a realizar o estudo para poder executar despois a obra”. Segundo Arroxo “pensando en retirar o tráfico do casco histórico, é cuestión necesaria retirar o tráfico da rúa Montevideo”. Para o Alcalde en funcións, esta rotonda sería necesaria “para que se poida seguir utilizando o aparcadoiro soterrado da praza de Ferrol”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com