" />

Adxudicado o contrato de control da lexionelose en instalacións municipais

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou este mércores a adxudicación do contrato de servizos de prevención e  control da lexionelose nas instalacións de titularidade municipal e de desinfección, desinsectación e desratización no municipio á empresa Sanal Control Medioambiental por importe de 35.000 euros, IVE incluido, a primeira anualidade.

Segundo informou o voceiro municipal, Miguel Fernández, das catro mercantís que presentaron oferta na licitación, a Mesa de Contratación seleccionou a Sanal por presentar a oferta máis vantaxosa e con melloras, como o incremento no número de controis e a suba das retribucións do salario base dos traballadores do 15% sobre o establecido no convenio colectivo estatal do sector. A duración do contrato será de dous anos, prorrogables por outros dous.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo