" />

Agotadas as prazas do curso de piloto de drones incluído na programación do +Xti

O Concello de Lugo informa, a través da área de Xuventude, que xa non quedan prazas do curso de piloto de drones, dentro da programación do +Xti, subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas. Dirixido a lucenses de 18 a 55 anos, empadroados en Lugo.

A actividade, que é gratuíta, desenvolverase do 27 de xullo ao 31 de agosto, online; e de xeito presencial, no centro de convivencia Uxío Novoneyra, o 24 de xullo das 17:00 ás 20:00 horas, o 4 de setembro, das 16:30 ás 20:30 horas, o 5 de setembro, das 10:00 ás 14:00 horas, e das 16:00 ás 20:00 horas e o 6 de setembro, das 09:00 ás 14:00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo