" />

Alberto Dalmau marcha do Club Deportivo Lugo e incorpóranse Barco e Leuko

No día de hoxe, o CD Lugo e o xogador Albert Dalmau acordaron a rescisión de contrato que unía a este último coa entidade. Dende o CD Lugo agradecen “os servizos prestados durante o tempo en que vestiu a camiseta do club, así como o seu comportamento profesional e disposición positiva en todo momento. Deséxaselle a maior das fortunas, tanto a nivel persoal como profesional nos seus próximos proxectos”.

Doutra banda, Mario Barco e Sergei Leuko comezaron hoxe a súa tempada en calidade de cedidos da UD Somozas. Ambos os dous xogadores, cuxo compromiso co CD Lugo se estende por varios exercicios buscarán a obtención de minutos no cadro do Municipal Alcalde Manolo Candocia na xornada de mañá.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo