Albivermellos dende o berce

O CD Lugo e a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo asinaron esta mañá un convenio de colaboración mediante o cal o club albivermello dará a benvida aos bebés nados no 2019 nos complexos sanitarios de Lugo, Monforte e Cervo administrados pola EOXI. Na presentación do acordo estiveron presentes o Xerente da EOXI, Ramón Ares, e o presidente do CD Lugo, Tino Saqués.
O máximo dirixente albivermello, que agradeceu “a enorme colaboración de Ramón e a súa xerencia para levar este acordo adiante”, destacou a importancia deste convenio para o futuro do club: “Desde o Club Deportivo Lugo miramos o porvir con ilusión e con ganas de sumar a todos os bebés lucenses ao sentimento albivermello. Para unha entidade deportiva non hai nada máis importante que xerar sentimento de pertenza entre a comunidade e os individuos que a conforman. Ademais da nosa actividade profesional, na nosa filosofía diaria está devolver á sociedade en forma de valores e boas prácticas todo aquilo que nos achega. Entre elas está o fomento da práctica do deporte, un interese que compartimos con organizacións e institucións como o SERGAS, que tamén ten entre os seus obxectivos integrarse na sociedade da súa contorna.”
Os nados neste 2019 terán unha benvida especial cun carné de socio biberón, un documento simbólico, que será a súa benvida a familia Albivermella. Igualmente os proxenitores recibirán unha carta de felicitación, un obsequio de dúas entradas para que poidan ir ao Anxo Carro a un partido e un agasallo para o bebé do club que poderán recoller na tenda oficial.
No caso do primeiro bebé nado nun dos tres centros o club fará unha entrega especial de forma presencial de todos os agasallos. Para o CD Lugo é un motivo de gran alegría anunciar este acordo que será de gran axuda para seguir sumando efectivos á nosa familia desde o berce. Unha maneira de poder contaxiar a paixón albivermella desde ben cedo para que as novas xeracións sintan o equipo da cidade aínda máis preto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com