11,00 h.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez, manterán unha reunión de traballo. foto xoán crespo 26/06/2019

Alfonso Villares será o novo delegado territorial da Xunta en Lugo

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou o nomeamento de Alfonso Villares (Cervo, 1970) como novo delegado territorial da Xunta en Lugo. Deste xeito, o exconselleiro do Mar regresa á actividade política institucional.

Villares substituirá no cargo a Javier Arias, quen deixa a responsabilidade por petición propia, segundo indicou o propio presidente da Xunta este luns.

O exalcalde de Cervo abandonara o Goberno galego hai un ano tras facerse pública unha denuncia presentada en xaneiro de 2025 pola presentadora de televisión e exmodelo Paloma Lago por unha suposta agresión sexual.

A causa foi investigada pola Audiencia Provincial da Coruña, que acordou o seu arquivo ao non atopar indicios nin probas que sustentasen a acusación contra Villares.

Tras o arquivo do procedemento xudicial, Alfonso Villares retoma agora responsabilidades dentro da Administración autonómica como máximo representante territorial da Xunta na provincia de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com