Alumnos da TIC colaboran con estudantes do IES de Becerreá na rodaxe dunha curta sobre o Camiño de Santiago

A Fundación TIC da Deputación colabora co IES de Becerreá na rodaxe dunha curta sobre o Camiño de Santiago ao seu paso por este Concello dos Ancares. Os alumnos e alumnas de 2º de Realización da Escola de Imaxe e Son, coa supervisión dun docente, están a gravar este venres o audiovisual, que é un proxecto dos estudantes de 3º de ESO do instituto becerrense. Ademais, a TIC achega material técnico de iluminación e de son, así como orientación técnica sobre as dúbidas que xurdan durante a execución do traballo.

Esta colaboración cumpre un dobre obxectivo: por unha banda, achegar a cultura audiovisual aos centros educativos de primaria e secundaria da provincia e, por outra,  que o alumnado da Escola da TIC poña en práctica nun escenario real os seus coñecementos. Está previsto que a rodaxe se desenvolva de 10.00 a 18.00 horas en espazos naturais como o parque de Becerreá e as contornas das igrexas de San Cosme de Ouselle e do Santo, e en interiores como o despacho do instituto. A curta terá unha duración duns 12 minutos.

Os estudantes de 3º de ESO do IES de Becerreá elaboraron o guión orixinal, inspirado na serie “El Ministerio del Tiempo” de TVE, sobre o Camiño de Santiago en Becerreá, encargáronse do story board e da preprodución. A TIC tamén os asesorará da montaxe do material gravado este venres. Na preparación da curta colaboraron os departamentos de Xeografía e Historia, Relixión, Francés e Educación Física do centro ancarés.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com