Alumnos da TIC comezan a rodaxe do novo videoclip de Lucía Pérez

Alumnos e alumnas de 2º curso de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC están xa inmersos en plena rodaxe do vídeoclip da nova canción “Tú sin mí” da cantante lucense Lucía Pérez. O equipo comezou hoxe a gravación das escenas que, xunto á artista natural do Incio, protagonizarán outros 6 actores e actrices que foron seleccionados nun casting realizado polos propios estudantes o 25 e 26 de outubro na sede da Escola.

A rodaxe desenvolverase durante catro días: 22, 23, 29 e 30 de novembro, polas mañás e tardes. As escenas levaranse a cabo de forma íntegra en interiores e exteriores da Finca La Fortaleza, do Hotel Torre de Núñez. Ademais os estudantes contan co apoio de numerosas empresas lucenses que, de xeito altruísta, quixeron colaborar na rodaxe deste proxecto. Elenco de intérpretes

A cantante Lucía Pérez será a principal protagonista da historia deste audiovisual realizado para promocionar o seu último single, que leva por título “Tú sin mí”. A artista compartirá filmación con outros 6 actores. Un deles interpretará o papel de noivo e cinco rapazas representaran a súa orquestra sobre o escenario.

O elenco de intérpretes foi seleccionado nun casting convocado, o pasado 25 e 26 de outubro, polos propios estudantes na EIS. A esta selección súmase á que xa se fixo para a gravación do videoclip da canción “Méteo no cu” do grupo vilalbés “Mi perro Vicent”, xa na fase de montaxe. Estes traballos do alumnado da EIS forman parte dos proxectos que realizan e producen durante o curso dentro dos módulos: Xestión de Proxectos de Cine, Vídeo e Multimedia; e Procesos de Realización en Cine e Vídeo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com