Amplíase o horario das pistas de atletismo de As Pedreiras e as de tenis de Frigsa e O Palomar

A Concellería de Deportes que dirixe Miguel Fernández, informou que a partir do vindeiro martes, día 26 de maio, as pistas de atletismo de As Pedreiras así como as instalacións de tenis de Frigsa e O Palomar amplía os seus horarios aos usuarios, sendo de 12.00 horas a 14.00 horas en horario de mañá, de 17.00 horas a 19.00 horas e de 20.00 horas a 23.00 horas en horario de tarde, quedando reservada a franxa horaria de 19.00 horas a 20.00 horas ás persoas maiores de 70 anos.

Deportes mantén o uso das instalacións por franxas horarias, con quendas de 50 minutos. En todos os casos, haberá que efectuar a reserva o día anterior á realización da actividade a fin de garantir a seguridade e a protección dos usuarios.
No caso das pistas de atletismo, o aforo será de 30 persoas. No caso das pistas de tenis, so poderán xogarse partidos dun contra un. Ademais, tanto os baños como os vestiarios permanecerán pechados.
Os teléfonos de reserva das mesmas son:
 As Pedreiras 982 297 310
 Instalacións de tenis de Frigsa 982 297 423
 O Palomar 680 560 148

Para acceder á instalacións será preciso presentar o DNI así como asinar unha declaración responsable do cumprimento das normas de protección establecidas polas autoridades sanitarias, que será facilitada polo celador da instalación. No caso dos nenos e nenas, a declaración deberá estar asinada por algúns dos pais ou titor.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com