" />

Ana Abelleira presenta a programación de Xuventude para o primeiro semestre do ano

A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, preparou para o primeiro semestre do ano unha nova programación, dirixida á mocidade activa de Lugo de entre 14 e 35 anos. Dadas as circunstancias sanitarias actuais, esta programación, pasará a desenvolverse integramente de xeito telemático, podendo retomarse, algunha das actividades, de modo presencial en canto a situación reverta. 

Entre as propostas que se porán en marcha de febreiro a xuño figuran moitas modalidades deportivas co obxecto de seguir dinamizando o lecer xuvenil de forma saudable.

“Así, manteremos as clases de pilates, ioga ou aerobic latino aínda que tamén lle daremos continuade a outras alternativas que gozan de gran éxito como é a costura creativa ou a preparación do First”, explicou a concelleira.

 “Incluiremos tamén algunha novidade, en base aos resultados da enquisa realizada entre as e os participantes da edición anterior co fin de que nos trasladaran as súas preferencias. E, nese senso, logo de atender ás súas peticións, incorporaremos un taller de microespazos audiovisuais, un curso de timelapse (unha técnica de cámara rápida) e fotografía, que xa se realizou nos últimos meses do ano 2020”, abondou González Abelleira.

 Nesta primeira metade do ano tamén haberá espazo para obradoiros de Upcycling, coñecido como supra-reciclaxe ou reciclaxe creativa, e mesmo de cociña, que ao longo dos videiros meses estarán dirixidos a afondar no recetario galego, despois de ter repasado xa a gastornomía hindú, ceutí, mexicana, vietnamita ou do norte de África, entre outras rexións.

 Xuventude ampliará igualmente a oferta lúdica para a rapazada da cidade en datas sinaladas como o Entroido ou o Día da Muller e ultima, alén, outras actividades de índole máis formativa, como linguaxe de signos ou seguridade viaria en vehículos de mobilidade persoal, que anunciará proximamente. Tamén traballa nas rutas a pé, tan demandadas pola mocidade luguesa.

 Ademais, en vista do éxito que acadou o pasado ano, Ana Abelleira anunciou que continuará o ciclo de masterclass online de nutrición.

 “Será os segundos mércores de cada mes, dende marzo a xuño, ás 20:00 horas nas redes sociais oficiais de Xuventude e nelas abordaranse temas como a alimentación vexetariana e vegana, menús semais para estudantes, como cociñar sano e barato ou se é necesaria ou non a suplementación en canto á alimentación e deporte”, sinalou a edil.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo