Andrea Gacio, primeiro premio no concurso de fotografía ‘O meu recuncho de Mondoñedo’

Un xurado profesional vén de fallar o terceiro concurso de fotografía O meu recuncho de Mondoñedo, que anualmente convoca o Concello e que este ano suma xa a súa terceira edición. A fotografía gañadora é de Andrea Gacio, na que se reflexan os cabalos, de tanta relevancia en Mondoñedo, pastando nos montes da localidade.

O xurado, integrado por fotógrafos de dous xornais da provincia, así como por estudantes de fotografía; fallaron o segundo e o terceiro premio para José Antonio Pasarón e Marcos Candia, respectivamente.  Ademais, de entre o total de fotografías recibidas, tamén se seleccionaron 13 instantáneas coas que se elaborará dende o Concello o calendario para o vindeiro ano 2019.

Xaneiro: Xián Vázquez
Febreiro: Diego García Carro
Marzo: José Ramón Miranda
Abril: J. Pedro Gómez
Maio: Sol Piñeiro
Xuño: Andre Gacio
Xullo: Susana Gacio
Agosto: Diego Muruais
Setembro: Héctor Loureiro
Outubro: Marcos Candia
Novembro: José Antonio Pasarón
Decembro: Alberto García Armesto
E para a portada: Andrés García Doura

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo