Animalistas denuncian o mal estado dun poni atado a diario na contorna das Termas

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber recibiron nas últimas horas varias queixas veciñais polo estado no que se atopa un poni na contorna do coñecido Centro Comercial de As Termas, nunha leira, atado e sen refuxio algún no que acubillarse ante altas temperaturas ou cando chove.

Os animalistas lembran que a Lei de Benestar Animal exclúe aos équidos do seu ámbito de protección, polo que estes animais terían un menor grao de defensa fronte a casos de abandono e malos tratos, e como parece dilucidarse das fotografías, o animal non está nas mellores condicións físicas, ademais do encadeamento permanente, que podería influír negativamente sobre o seu comportamento.

Neste sentido, instaron ao Concello de Lugo e á Xunta a garantir o benestar dos animais, lembrando que tanto o goberno local como o autonómico posúen competencias de inspección e denuncia, correspondendo ao executivo galego a incoación do preceptivo expediente sancionador.

Éxito da Xornada en Veterinaria

Pola súa banda, a Fundación Franz Weber cualificou de éxito a Xornada sobre o papel do persoal veterinario ante os casos de malos tratos animais, onde máis dun centenar de participantes, na súa maioría estudantes da Facultade de Veterinaria, asistiron ás charlas de Enrique Alonso, Conselleiro Permanente de Estado, Alfredo Fernández, asesor pericial e a moderación de Pilar de Lara, maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo.

A organización seguirá apostando, avanzan, por actos nos que se poida formar á cidadanía e ao persoal implicado para evitar contextos de abandono e malos tratos.

Novas relacionadas

  1. Carlos Ramos Diaz
    Abr 05, 2019 - 09:21 AM

    Pues e vez de denunciar tanto, poderian llevarle una caseta y algo de pieso, ya qué con criticar lo que esta mal no se soluciona… 🤔🤔

    Reply
  2. Miguel Angel Ferreiro Vazquez
    Abr 05, 2019 - 12:00 AM

    Y el que está en Castiñeiro, lo mismo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com