" />

Animalistas insisten en buscar medidas para evitar a presenza dos xabarís

Os animalistas de Libera! e a la Fundación Franz Weber insitiron esta mañá na necesidade de aplicar medidas para disuadir a presenza de xabarís no termo municipal de Lugo evitando a autorización de batidas xa que, segundo afirman, “a caza demostrou a súa completa inutilidade, ademáis de contaminar o medio”.

Durante esta fin de semana puideron verse suidos no entorno de Garabolos, polo que estes dous colectivos plantexaron dúas recomendacións “moi sinxelas” para evitar que os animais silvestres se acostumen a entornos urbans, como non alimentalos e deter o vehículo para facilitar o seu tránsito e as posibles medidas de saída que estableza a Policía Local.

A asociación Animalista Libera e FFW vinculan estas aparicións ás batidas que se levan a cabo no entorno da cidade de Lugo, lembrando que, dende 2013, as distancias de seguridade do municipio víronse reducidas dos 200 aos 100 metros actuais, favorecendo que os animais se acheguen máis a espazos libres de disparos, e que busquen alimento nestes entornos, ao resultar máis sinxelo.

Para estes colectivos, as batidas que reclaman algunhas persoas son “inxustificadas e paracientíficas” posto que, explican, non existe ningún estudo serio que avale esta teoría.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo