" />

Ansiosos pola Covid

Un escoita falar dos xeitos de detectar a tristemente famosa Covid, contempla procedementos máis ou menos cómodos, e ten referencia de que nin fai falla baixar do coche para poder facer as probas, polo que quere crer que non hai máis –chegar e encher– ca achegarse a calquera centro de saúde para saber se un ten algo que ver coa única enfermidade que agora parece aqueixarnos e preocuparnos.

Neste comezo do curso, ben tranquilo para o que podería temerse dada a situación sanitaria xeral, no colexio, unha nena de oito anos comeza a moquear e queixarse da cabeza, polo que seguindo o “protocolo habitual” os profesores chaman a seus pais para que a recollan e a leven facer a proba que corresponda para tranquilidade de todos.

A proba fáiselle o venres, ás dúas da tarde, con total comodidade, coa promesa de que saberán algo ao día seguinte. Os presurosos, xa preguntabamos polo resultado aquela mesma tarde. Á noite, queremos saber como segue a nena, que parece ter curado só con ir facer a proba. Pola mañán do día seguinte, e ao medio día, e á media tarde, e máis á noite, preguntamos… Nada. Hai que agardar nunha longa fin de semana. E van trinta e seis horas da proba. E corenta e oito, e cincuenta e oito… e tampouco nada. E á hora na que mando este artigo, nada se sabe.

Menos mal que os síntomas, pasado este tempo, non foron a peor senón ao contrario, porque non quero pensar na angustia dos membros dunha familia que teña que agardar tanto tempo por un diagnostico que eu coidaba instantáneo, para poder respirar tranquilos e mesmo saír da casa todos os membros da familia sen perigo para ninguén.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo