Aparece un cadáver nun cantil da praia Areosa

Apareceu o corpo sen vida dunha persoa nunha zona rochosa da Praia Areosa, en Ribadeo.

Foi un veciño quen ás 15:30 horas avistou o cadáver e decontado chamou ao 112 Galicia para dar conta da situación. Debido a que o rescate podía efectuarse por terra, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos efectivos do parque de Barreiros, despois de informar a Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacosta da descuberta do corpo no cantil da Praia de Areosa.

Xunto cos voluntarios de Protección Civil de Ribadeo, os Bombeiros de Barreiros encargáronse de recuperar o cadáver para a posible identificación por parte dos axentes da Garda Civil e as autoridades xudiciais

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com