" />

A APEHL xunto coas distintas administracións presentan o clúster de Turismo de Galicia en lugo

A Asociación de empresarios de hostelería de la provincia de Lugo, APEHL presentou esta mañá na sede que a asociación ten na cidade amurallada o Cluster de turismo de Galicia, unha comisión de 48 asociacións e 10 empresas directas que traballarán conxuntamente pola aposta do turismo en Galicia.

Neste acto estuveron presentes, ademáis de Cheché Real, presidente da APEHL e de Paco González, presidente do Cluster de Turismo, o subdelegado do goberno en Lugo, Ramon Carballo, o Delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o encargado da área de Turismo na Deputación, Eduardo Vidal Baamonde e o voceiro do Concello, Miguel Fernández. Asemade ao acto acudiu a edil de Turismo no Concello de Lugo, Carmen Basadre.

O Presidente do Clúster deu a coñecer a iniciativa desta comisión que naceu coa misión de traballar por Galicia. González explicou que “ata agora o Turismo Galego era un turismo composto por pequenas empresas que traballaban por separado, en ámbitos, na súa maioría, local, asi como o asociacionismo turístico que iba encamiñado ao localismo, o que é un erro que hai que solventar”.

O Cluster será un interlocutor, un mediador que traballará coas administracións man a man e que terá en conta, en todo momento, aos empresarios para levar a cabo o seu Plan Estratéxico.

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta destacou que este clúster trátase dunha iniciativa do propio sector ao que felicitou por loitar polo turismo galego e, en especial, polo da provincia de lugo, co que se pretende tamén, impulsar os xeodestinos, e moi especialmente, dar a coñecer os novos xeodestinos que xurden con moita forza este ano na provincia como son o da zona centro coa terra chá e a ulloa, ou a da montaña lucense cos ancares o courel.

Asemade, balseiro destacou que en Galicia existen produtos únicos que hai que destacar e saber aproveitar, porque o turismo pode ser a gran baza para que Galicia xere non só postos de traballo senon tamén a riqueza que, segundo afirmou o delegado da Xunta, vai en aumento neste sector, ano tras ano.

Os representantes do Concello de Lugo, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia coincidiron en que a colaboración entre todos os axentes do sector é fundamental para o deseño da mellor das estratexias. Todos eles subliñaron o traballo en conxunto que se está a facer na elaboración do Plan Estratéxico de Turismo, que contan presentar o vindeiro mes de xuño.

Galicia Destino Familiar

Trala presentación, deuse a coñecer o proxecto Galicia Destino Familia, unha aposta por situar e promover Galicia como un destino para viaxar en familia. Segundo explicou o presidente do Clúster, “trátase de adoptar unha estratexia común por parte dos establecementos especializados no segmento familiar, de forma que o público obxectivo identifique os hoteis, restaurantes, casas de turismo rural etc., que dispoñan de instalacións, oferta de actividades ou outros servizos adaptados e pensados para familias”.

Contan desenvolvelo a partir deste ano e facer fincapé, de maneira especial, no ámbito comunicativo e dixital para proporcionar unha maior visibilidade e mellorar o posicionamento de todos os negocios e entidades públicas que queiran participar. A adhesión ao proxecto xa se pode tramitar a través da páxina galiciadestinofamiliar.gal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo