" />

Aphel reclama a apertura de locais de ocio nocturno

As asociacións de hostalería integradas en Hostalería de España, entre elas a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo ( Apehl), denuncian que a decisión do Ministerio de Sanidade de que os locais de lecer non abran en Fase 3 “promove a proliferación do botellón como alternativa para o lecer e á organización de todo tipo de festas privadas, en espazos sen control, festas organizadas en espazos ao aire libre ou afters clandestinos. Só durante a pasada fin de semana proliferaron numerosas festas e botellóns, xerando problemas de orde pública, como se reflectiron nos medios de comunicación”. Ante esta situación, as asociacións
provinciais de hostalería, do mesmo xeito que Apehl, reclaman a “activación dunha mesa de traballo, con carácter urxente, entre o Ministerio de Sanidade e o sector que permita aclarar o calendario da desescalada e a aplicación dos protocolos que permitan afrontar con garantías a volta á nova normalidade nos establecementos de lecer nocturno”.

Asemade, reclaman poder abrir durante a Fase 3 acorde coas directrices establecidas na Guía de medidas para a redución do contaxio polo coronavirus, elaborada co ICTE e que conta coa validación do Ministerio de Sanidade. A publicación do BOE, do sábado 30 de maio, descartou a reapertura das discotecas, bares especiais e pubs en Fase 3, o que supón unha inseguridade e falta de planificación na apertura dos negocios, supoñendo un daño inxustificado, a pesar de que nos acordos do Consello de Ministros do 28 de abril si se incluía na terceira fase a recuperación da actividade do lecer nocturno.

As asociacións “entenden que este cambio de criterio do Ministerio de Sanidade ignora por completo que o sector foi un dos primeiros en definir unha guía oficial de medidas para salvagardar a seguridade de clientes e traballadores, cunha serie de protocolos cuxa implementación contemplan a presentación de declaración responsables e/ou auditorías que avaliarán de forma externa e independente os procedementos de implantación, integrado no distintivo Hostalería Segura”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo