" />

Aprazado a 2021 o Salón do Automóbil de Lugo

A actual crise sanitaria ante a pandemia do Covid-19 levou ao aprazamento, ata 2021, da celebración do Salón do Automóbil de Lugo, que tivo que suspenderse o pasado marzo a poucos días da súa apertura. Así o acordaron, por unanimidade, o comité organizador deste evento, integrado por todos os concesionarios oficiais da provincia e polo Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

A pesar de que o Pazo de Feiras está en disposición de cumprir e garantir todas as medidas de seguridade, o citado comité valorou a actual situación e acordaron o aprazamento do Salón do Automóbil porque o obxectivo do mesmo é que os clientes poidan elixir un coche con total tranquilidade. O próximo mes de novembro, os membros do comité organizador terán unha nova reunión na que se determinará a data de celebración, tanto do Salón do Automóbil Novo como do de Ocasión e Km0.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo