Aprobadas dúas mocións de Lugonovo no Pleno Municipal por unanimidade

Lugonovo ven de congratularse de que dúas mocións súas presentadas ao Pleno celebrado o pasado xoves, foran apoiadas por unanimidade por medio do seu  voceiro declarou que “se o equipo de goberno cumpre co acordado onte no Pleno, os veciños con menos recursos da cidade poderán contar, no próximo exercicio, cunha axuda para reducir o impacto que teñen, nas súas economías, os gastos de mantemento da vivenda en propiedade”.

“Por desgraza, a crise segue a manter a moitos lucenses nunha situación dramática, un contexto no que aboar algúns impostos ou taxas municipais só agudiza o entorno de pobreza no que viven. E nós consideramos que é labor da Administración arroupar e protexer a estes cidadáns, de ahí a nosa satisfacción porque tódolos concelleiros compartisen a nosa inquietude e respaldasen esta iniciativa”, sinalou o portavoz da formación, Santiago Fernández Rocha.

O Grupo Municipal destaca tamén a importancia que terá, para a consecución dunha xestión máis transparente e eficaz, a aprobación da outra proposición impulsada dende Lugonovo e que terá como finalidade un control máis estrito, por parte dos funcionarios, e unha supervisión compartida pola Corporación, da calidade coa que se prestan os servizos municipais.

“Pensamos que tódolos partidos debemos estar ó tanto de cómo se desenvolven os contratos e por iso parecíanos convinte que, cada seis meses, se trasladasen á Comisión de Contas informes sobre a avaliación da súa prestación. Entedemos que mellorar a súa vixilancia, disuadirá ás concesionarias da aparente relaxación coa que operan mellorando tamén a satisfacción dos usuarios deses servizos”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo