Aprobadas obras por valor de preto de 3 millóns de euros en estradas de 16 Concellos

A Xunta de Goberno Provincial aprobou este venres  obras por valor de preto de 3 millóns de euros dos orzamentos participativos en estradas provinciais de 16 Concellos. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, explicou que se tratan dunhas actuacións que responden ás peticións veciñais, posto que o 15% dos cidadáns que se involucraron na elaboración do presuposto da Deputación para este ano, e que ascenden aos 55.000, solicitaron á institución luguesa investimentos en infraestruturas.

Os traballos acordados supoñen a mellora do firme con aglomerado en quente de 45 quilómetros de vías provinciais -nos que tamén se reforzará a sinalización- que discorren por Alfoz, Antas de Ulla, Baralla, Cervantes, A Pontenova, Barreiros, Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz, Sober, Pol, Foz, O Valadouro, Monterroso, Navia de Suarna, Lugo e O Saviñao. Martínez destacou que “remataremos o mandato con 1.400 quilómetros da rede viaria provincial con aglomerado en quente”.

O voceiro lembrou que a institución continúa coa execución do Plan de Rebacheo nas vías dos 67 Concellos lugueses e apuntou que se remataron estes traballos na metade dos municipios. Por zonas, o investimento é o seguinte: na Mariña 826.671 euros para a mellora de preto de 14 quilómetros en estradas de Alfoz, O Valadouro, A Pontenova, Foz e Barreiros; zona centro 319.041 euros para a mellora de 6 quilómetros en Pol e Lugo; na Montaña 1.025.822 euros para 14 quilómetros en Cervantes, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Baralla e Navia de Suarna; zona sur 678.497 para 12 quilómetros en Monterroso, O Saviñao, Sober e Antas de Ulla. (TOTAL: 2.850.031 euros/16 Concellos/ máis de 45 quilómetros).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com