Arde un contador eléctrico na fachada do Gadis de Adolfo Suárez

Arde un contador eléctrico na fachada do Gadis situado na rúa Adolfo Suárez, en Lugo. O incendio tivo lugar contra a unha da tarde. Foi un particular o que alertou de que saía fume da fachada do edificio.

Segundo o servizo de emerxencias 112, todo indica a que o que orixinou o lume foi un curtocircuito  no cadro eléctrico situado na fachada do supermercado.

Até o lugar dos feitos acudiron efectivos de Policía local, Protección Civil e dos Bombeiros de Lugo; que lograron sufocar as lapas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com