" />

Arde unha casa en Carballedo

Un incendio calcinou por completo unha vivenda no concello lucense de Carballedo. O lume queimou tamén unha corte anexa á vivenda. Ademais, as lapas estendéronse á casa lindeira, afectando parcialmente ao seu tellado.

En concreto, os feitos tiveron lugar en Vilar de Mulleres, na parroquia de Lobelle. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 20:00 horas de onte para alertar da situación.

Dende a central de emerxencias do 112 informouse aos Bombeiros de Chantada. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil de varias localidades e da Garda Civil.

O lume quedou sufocado contra as 23:00 horas da noite. A pesar dos cuantiosos danos materiais, ninguén resultou ferido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo