" />

Arranca a primeira edición da MOEXMU tralo paro pola crise sanitaria

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo e o Deputado de Recursos Sostibles participaron onte na inauguración da 38 edición da Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU), que se celebra os días 1, 2 e 3 de abril no rec¡looointo feiral Manuel Vila. A institución provincial inviste 33.000€ en diferentes axudas nesta cita, chegando a triplicar a colaboración económica, e doa dúas xatas
da Granxa Gayoso Castro.

A Deputada puxo en valor esta feira “que xira arredor do gando, da maquinaria e da artesanía. Tres sinais de identidade do noso rural que temos que coidar para recuperar o sector e para seguilo consolidando como unha actividade económica estratéxica e de futuro para a provincia de Lugo”.

“Estamos convencidos de que as actividades relacionadas co impulso do sector primario, como é a MOEXMU, son fundamentais para apoiar a economía lucense, tanto polo retorno económico que ten en actividades como as do comercio, a hostalería ou a propia actividade agrogandeira, como pola promoción e pola proxección que fai, e que ten un impacto a medio e a longo prazo”, destacou a Deputada.

A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo sinalou que o traballo da Deputación de Lugo a prol do sector primario responde a un compromiso estratéxico. Neste sentido, recordou iniciativas como a Granxa Gayoso Castro, “onde desenvolvemos unha labor de impulso ás explotacións de carne e de leite que se viu reforzado hai case ano e medio coa posta en marcha da Granxa Experimental de Leite, un centro pioneiro en Galicia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo