Arrincan as tarefas de mellora de saneamento en distintos puntos da cidade

O Concello inicia hoxe as tarefas de mellora de saneamento en catro puntos da cidade, tras asinar nos pasados días o contrato destas obras, adxudicadas a Construcciones Sanle S.L., cun orzamento duns 56.000 euros e un prazo de execución de 6 semanas. Trátase, concretamente, de traballos nas rúas Sargadelos, entre os números 51 e 83, por onde comezaron os traballos. Así mesmo contémplanse labores na rúa Recatelo, no número 21, á altura da rúa Ribadeo; en Fontiñas (entre os números 164 e 180) e na rúa Ferreiriño, na intersección coa Avenida da Coruña.

Con este contrato, a entidade local persigue reformar o servizo de saneamento onde se vén detectando dende hai tempo problemas na rede, que dan lugar a inundacións recorrentes. Así mesmo, grazas a esta intervención de mellora, o Concello garante as boas condicións dun servizo público como é o saneamento, e mellora a calidade de vida e o benestar da veciñanza destas vías.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Miguel Angel Ferreiro Vazquez
    Abr 30, 2019 - 01:03 AM

    Espero que no deixen a medias como fixeron en algún sitio. Fixeron un furado, puxeron unha chave para cortar a auga, un tubiño pa meter a man e así que dou, sen tapa.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo