Arroxo: “As prazas dos aparcadoiros soterrados poderían incumprir o propio contrato”

O BNG volveu levar á comisión de infraestruturas preguntas a respecto de cando se lle vai dar solución aos aparcadoiros soterrados, despois dos reiterados anuncios da alcaldesa de que se ían cambiar as 3 prazas entre columnas por 2 prazas, para poder ter un espazo adaptado aos vehículos actuais. O portavoz do BNG Rubén Arroxo explicou que na comisión non recibiu ningún compromiso de prazos por parte do goberno, polo que considera que “todo o que veu dicindo a alcaldesa ata o de agora foi fume”.

O propio concelleiro nacionalista expuxo que no Artigo 21 das condicións técnicas do contrato da concesión aparece recollido que as medidas mínimas das prazas teñen que ser 2,20m x 4,50m, cuestión que dende o BNG cren que se podería estar incumprindo dende a apertura dos aparcadoiros “solicitamos ao goberno municipal que comprobe se a día de hoxe se está cumprindo a propia medida das prazas que aparece na escritura do contrato” dixo Rubén Arroxo.

Nesa mesma liña, dende o BNG, afirmaron que no piso inferior do aparcadoiro de Santo Domingo existía un punto para que os vehículos puidesen xirar e permitir a manobra para chegar ás últimas prazas, e ese espazo foi reconvertido en dúas prazas de estacionamento, as cales se poden observan fácil dado que nin foron renumeradas “as prazas 6 e 7 no piso inferior están duplicadas, dado que ese era un espazo para permitir o xiro dos vehículos, transformado en máis estacionamentos, pero dificultando e moito o acceso ás últimas prazas”.

Dende o BNG explican que efectivamente a subida anual dos prezos dos aparcadoiros que aprobou hai poucas semanas o goberno está recollida no contrato “pero semella pouco serio que se aplique o contrato ao pé da letra para o beneficio da empresa e despois se ignore para os dereitos de uso que ten a veciñanza de Lugo, nun servizo que lembremos, está en solo público”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com