Arroxo non ve “sentido” a cambiar a ubicación da Oficina de Turismo da Xunta

O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, saíu ao paso do anuncio da Xunta, de trasladar a oficina de Turismo da Xunta ao Pazo de Dona Urraca unha vez que se acometa a súa rehabilitación. Arroxo sinalou que a Oficina de Turismo autonómica “está situada nun edificio que se rehabilitou e adaptou para esta función e sería moi cuestionable facer un importante gasto de fondos públicos para mover esta oficina de turismo para o edificio de enfrente, cando o Pazo de Dona Urraca pode albergar outro tipo de servizos”.

Rubén Arroxo valorou “o cambio de actitude” do goberno da Xunta que “parece que empeza a tomar en serio todas as propostas que o BNG ven facendo durante anos e vai empezar a darlle continuidade ao traballo iniciado polo goberno bipartito da Xunta”. “Existen propostas interesantes, útiles e necesarias para dotar de contido o Pazo de Dona Urraca e o BNG está disposto a colaborar aportando proxectos” asegurou Rubén Arroxo e sinalou que “non se debe perder a perspectiva de que as dotacións do barrio teñen que ser multidisciplinares e débese apostar por novas propostas para o barrio ademais da Oficina de Turismo que xa existe, ben dotada e nun marco incomparable”.

Arroxo insistiu na necesidade de “investir os cartos públicos con xeito” e lembrou que a cidade ten numerosas necesidades, por iso o voceiro do BNG pediu “sentidiño” á hora de facer investimentos. Rubén Arroxo manifestouse dispoisto a colaborar “como viñemos facendo todo este tempo” coas institucións, asociacións e demais entidades para que “todas as inversións que se anuncian para a Tinería sexan ositivas para Lugo, para os lucenses e tamén para todas as persoas que nos visitan”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com