Arroxo propón que se estude aproveitar os quitamedos da N-VI para evitar os xabarís

O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, propuxo que se estude aproveitar os quitamedos da N-VI para evitar a irrupción de xabarís na estrada. “En diferentes ocasións, estes animais entran na estrada provocando un importante perigo de accidentes de tráfico”, dixo Rubén Arroxo e propuxo “facer un peche aproveitando os quitamedos existentes para evitar que pasen por debaixo do gardarail”. 

A maior parte do tramo da N-VI ten quitamedos que se poderían aproveitar, pechando a parte inferior, para evitar a irrupción dos xabarís na estrada. “É certo que non se vai evitar a presenza destes animais ao 100% pero si se reduciría o perigo nunha gran parte do tramo que vai dende Garabolos ata Nadela”. Dende o BNG sinalouse que “evidentemente terán que ser os técnicos quen avalíen estar proposta pero entendemos que podería ser positiva e non supón un gran investimento”. Arroxo fixo esta proposta para que se execute “aproveitando as actuacións de división de carrís e limpeza das beiras que se están a facer na N-VI”.

O BNG xa fixo a proposta, fai uns meses da colocación de trampas para capturar exemplares e tamén fixo fincapé, en diversas ocasións, de tomar medidas para evitar problemas con estes animais que aumentan en número no entorno da cidade. Arroxo sinalou que “moito se ten falado sobre o gran número de xabarís pero parece que unicamente se aportan solucións dende o BNG”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com