" />

‘Artistas polo Clima’, última mostra do ano en Caldiae Factoría Cultural

Caldiae Factoría Cultural e Lugonovo volven impulsar unha nova exposición, a última do ano, dentro da súa Programación Cultural Anual. Así, mañá, 19 de decembro a partir das 8 da tarde, inaugurarase a mostra colectiva Artistas polo Clima onde 11 mulleres expoñen as súas obras nas que se manifestan contra o quecemento global, o cambio climático e os desastres naturais que se producen a consecuencia das accións dos seres humanos.

Gema López, Camino Casabella, Marisa Celada, María ‘Ceniza de Papel’, Luisa Paz, Marita Carmona, María Mata, María Julio, Nunegraphy e Sara Temes son as artistas que participan na exposición, que se poderá ver ata o 7 de xaneiro, de mércores a domingo en horario de 18:00 a 22:00 horas.

Na inauguración terá lugar o recital do poema Polifonía literaria en SI maior de Yolanda López, recoñecida escritora, pintora e tradutora galega. Trátase dunha obra crítica co problema dos incendios, na que se inclúen múltiples referencias culturais a Galicia.

Segundo Camino Casabella, coordinadora da exposición, “a mostra evoca unha reflexión sobre a destrución do medio ambiente, coa que buscamos espertar conciencias e inspirar ós cidadáns a pensar en como poden actuar persoalmente para contribuír a solucionar unha situación de emerxencia climática, que foi ignorada durante demasiado tempo no noso país e arredor do mundo. A beleza sublime da natureza, os nosos recursos, o noso modo de vida, a existencia das especies, a prosperidade e a paz mundial é o que está en xogo se non cambiamos inmediatamente o sistema, de xeito que se reduzan as emisións de carbono. Cremos que cada acción ten moitas repercusións, e agardamos que iniciativas coma a nosa conduzan en último termo a acadar cambios reais neste sentido”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo