" />

Arxentina, o país que máis turistas aportou a Lugo no mes de febreiro

Arxentina foi o país que máis turistas foráneos aportou a Lugo no mes de febreiro. Así o anunciou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, quen fixo balance sobre os visitantes que se achegaron a coñecer a cidade e o municipio no pasado mes. Dentro do turismo estranxeiro, destaca tamén a chegada de visitantes de Francia, Reino Unido e Estados Unidos; que entre os catro países supoñen o 51% das visitas foráneas.

En xeral, o ingreso de persoas visitantes con destino Lugo en febreiro aumentou un 4% en relación co mesmo mes do 2018. Concretamente, tanto a Oficina Municipal de Turismo como a rede museística municipal recibiron o pasado mes a visita de máis de 2.400 turistas.

Os visitantes nacionais que se achegaron a Lugo proceden, maioritariamente, de Madrid, Castela e León, País Vasco, Andalucía, Asturias e Extremadura. Así mesmo tamén se interesaron por coñecer o municipio lugués visitantes de Valencia, Castela A Mancha, Cantabria e das illas Baleares e Canarias, entre outros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo