" />

As Casas das Linguas acollerán campamentos de verán

As Casas das Linguas Municipais acollerán campamentos durante os meses de verán.  A edil de Cultura informou que “todas as actividades se realizarán cumprindo coas recomendacións das autoridades sanitarias para reducir os riscos de contaxio”.

As actividades estarán orientadas para nenas e nenos de entre 5 e 9 anos, e levaranse a cabo desde o 6 de xullo até o 4 de setembro en quendas semanais que terán lugar entre as 10:30 e as 13:30. Debido á redución de aforo, só poderán participar 6 nenos e nenas en cada quenda. Para solicitar unha praza, debe contactarse mediante correo electrónico os días 30 de xuño e 1 de xullo coa Casa das Linguas na que se desexe solicitar a praza, no enderezo casa.linguas@lugo.gal para a Casa das Linguas da Estrada da Granxa ou no enderezo casa.linguas.balteira@lugo.gal para a casa das linguas María Balteira. Cada alumna ou alumno só poderá solicitar unha semana, e as solicitudes para irmás e irmáns deberán remitirse no mesmo correo.

A partir do xoves 2 de xullo, contactarase coas familias para que acheguen a documentación precisa e formalizar a inscrición. No caso de que unha alumna ou alumno incumpra a asistencia sen xustificar, a praza será cuberta segundo a listaxe de espera que se elabore co resto de solicitudes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo