" />

As mulleres do rural doan ao Concello de Lugo 445 quilos de carne para persoas vulnerables

A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais veñen de entregar á área de Cohesión Social 445 quilos de tenreira galega, no marco da iniciativa “#Alimentos_Solidarios” para colaborar co Concello de Lugo na xestión da crise sanitaria. A doazón era recibida, esta mañá, polas edís Olga López Racamonde e Ana González Abelleira que agradecían o xesto destas entidades “nun momento no que boa parte da veciñanza atravesa por dificultades económicas debido á perda de emprego polo peche de moitos negocios”.

En total, a administración local recibiu 220 kg de xarrete e outros 225 de entrecosto, que pasarán a repartirse ben nas cestas de alimentos coas que Servizos Sociais axuda ás familias máis vulnerables, a razón dunhas 30 por semana, ben ás mulleres – e ás súas crianzas – usuarias da Casa da Muller e dos pisos de acollida para vítimas de violencia de xénero e que, actualmente, se sitúan tamén ao redor da trintena. “Queremos subliñar a importancia desta colaboración – indicaron as concelleiras – polo dobre obxecto que acada xa que pasa tanto por aportar un ben básico, como é a comida – de gran calidade e valor nutricional – a quen máis o necesita como por apoiar aos produtores locais aos que lles foi adquirida”, destacou Ana González Abelleira. Unha circunstancia á que tamén apuntaron dende Rede Eléctrica e FADEMUR que atribuíron á súa participación na iniciativa co obxectivo de mitigar o impacto que a pandemia do coronavirus está a provocar en moitas localidades de todo o territorio.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Alejandro Gonzalez
    Abr 21, 2020 - 05:44 AM

    muy bien hay que cachar a esos jabalis que andan jodiendo tambien y hacerlos a olla

    Reply
  2. Avatar
    Josefa Rouco Guntín
    Abr 20, 2020 - 09:03 PM

    La soludaridad, que gran cosa, olvidar las tonterias y estar unidos, gracias por el ejemplo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo