As «Sendas para a desconexión» reúnen máis de 60 participantes en Santalla de Bóveda

Máis de 60 persoas participaron onte sábado nunha ruta guiada pola contorna de Santalla de Bóveda. Foi a cuarta actividade do programa «Sendas para a desconexión», destinado a divulgar o patrimonio natural, histórico e cultural do municipio.

O percorrido, de carácter circular e aproximadamente 4,5 quilómetros de lonxitude, atravesou diferentes espazos do rural lucense. Na actividade participou tamén o concelleiro de Política Social, Gustavo Díaz.

Durante a ruta, o grupo visitou a igrexa de Santalla de Bóveda, declarada Ben de Interese Cultural, e percorreu zonas agrícolas, gandeiras e forestais. O itinerario permitiu achegarse tamén ao núcleo de Bacurín, aos muros de xunta seca e a outros elementos da paisaxe da zona.

Un programa con sete itinerarios

As «Sendas para a desconexión» inclúen 14 paseos guiados distribuídos en sete itinerarios por distintos puntos do municipio. A iniciativa busca dar a coñecer recursos naturais e patrimoniais situados fóra do centro urbano.

As actividades son gratuítas e non requiren inscrición previa, de acordo coa información facilitada polo Concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com