" />

A asociación Si, hai saída, manifesta a súa preocupación polo trato informativo a Tatiana

Nun comunicado a asociación Si, hai saída, manifesta “a nosa preocupación ante gran parte das reaccións xurdidas en relación co brutal asasinato que lle costou a vida a Tatiana V.A. a pasada semana”.
Cando ainda se está a investigar a autoría do asasinato de Tatiana, e ante a posibilidade de que se trate dun novo caso de violencia de xénero, “vemos con profunda inquedanza como se están a cuestionar aspectos da vida de Tatiana, das suas relacións, e mesmo da sua familia, algo que, a o noso entender nin procede, e pertence, por outra banda, a o seu ámbito estrictamente privado”.

Tamén se lle está a dar unha gran relevancia, segundo a asociavión “ás características do presunto autor do crime, tales como a sua procedencia, e mesmo a sua etnia, coma se isto explicase ou xustificase o seu proceder, no caso de que a súa culpabilidade chegue a demostrarse”.

E inciden en “non falta quen culpabiliza a propia Tatiana por ter rexeitado a axuda que semella que tivo e a súa negativa a presentar unha denuncia, esquecendo o mais importante e preocupante que todos deberíamos cuestionarnos, que e qué pode impulsar a unha muller maltratada, non soamente a non querer presentar unha denuncia contra o seu agresor, se non a dependencia psicolóxica deste que adoitan ter, e que as incapacita para tomar calquera tipo de decisión, e porén, para sair da sua tremenda situación, entrando así nun perigroso proceso que pode desembocar nun desenlace fatal”.

E, o que é peor, “moitas veces, a propia muller non é quen de recoñecerse coma víctima de malos tratos nin de tomar conciencia da sua condición”. Ante isto, “entendemos que compre plantexarnos a necesidade imperiosa de prestarlles axuda, de ensinarlles a identificar esos signos que lles fagan entender que están inmersas nunha relación enferma, e eso non se consigue, por descontado, nin culpabilizando, nin estigmatizando, se non educando, visibilizando,e, por descontado, apoiando”.

“Compre, asemesmo, aclarar, que, malia que desde Si, hai saida somos as primeiras en esixir con total contundencia as institucións as medidas e proteción precisas para as víctimas de violencia machista, neste caso o procedemento seguiuse de xeito impecable, pero, como en outros similares, se a propia muller non confirma ca sua declaración os posibles indicios, pouco ou nada se pode facer”, remata o comunicado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo