" />

Autoincúlpase dun atropelo para protexer ao seu fillo en estado de embriaguez

Un home autoincúlpase dun atropelo en Lugo para protexer ao seu fillo que se atopaba en estado de embriaguez. Así o informou esta mañá a Policía Local. Os feitos tiveron lugar ás 23.30 horas de onte na ronda República Arxentina.

A Policía Local recibía o aviso dunha testemuña que informaba aos axentes de que un vehículo acababa de atropelar nun paso de peóns a un home e aos cans que o acompañaban, e que o vehículo ausentárase do lugar dos feitos.

Unha vez os axentes se achegaron a esta avenida lucense, unha persoa preséntase ante eles dicindo ser o condutor responsable do atropelo. Os axentes de atestados non dan veracidade a estas declaracións e, acaban por pescudar que o condutor fuxido era o fillo do que se inculpaba. 

Tras localizalo, comproban que presenta signos de embriaguez polo que é sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado positivo. 

O peón foi evacuado por unha ambulancia do 061 ao HULA e os cans foron trasladados ao Hospital Veterinario  Rof  Codina onde foron atendidos. Ademáis, os axentes instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria para o Xulgado de Garda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo