Autoridades municipais e provinciais visitan centros de ASPNAIS

A alcaldesa, Lara Méndez,  xunto a membros da Corporación local, o Presidente da Deputación, Darío Campos, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos, participaron esta mañá nunha visita polos centros ocupacionais de ASPNAIS situados na Louzaneta e na Rampa Claudio López, dentro do programa de máis de 200 actividades organizado pola asociación para conmemorar o seu medio século de vida.

A rexedora, subliñou, durante a xornada de portas abertas organizada por ASPNAIS ás súas instalacións, “o gran labor” desta entidade social de referencia por “marcarse cada día unha meta superior en busca da integración real” das persoas con diversidade funcional.

A visita, que foi guiada polos propios usuarios coa colaboración dos monitores, o presidente da entidade, José Reigosa, e distintos membros da directiva, enmárcase no obxectivo de ASPNAIS de dar a coñecer de preto a realidade do colectivo. “Queremos acercar aos usuarios á sociedade lucense para que nos coñezan mellor, e que os nosos usuarios coñezan tamén mellor a nosa cidade, e acadar así a plena integración, que non se pode conseguir de hoxe para mañá, pero é posible”, asegurou Reigosa.

Pola súa banda e tras a visita aos centros, o Presidente, Darío Campos Conde, avanzou  a súa proposta de investimento en servizos sociais para este ano “queremos incrementar esta partida máis do dobre” con respecto ao 2015. Campos Conde, que subliñou que “este aumento que podemos facer é froito da débeda de cero euros que conseguimos na Deputación”.

O titular provincial subliñou que o Goberno Provincial está disposto a duplicar os fondos para as Axudas ao Fogar, achegando 1,5 millóns de euros este ano, cando no 2015 se destinaron 700.000 euros; así como os de Teleasistencia, cunha nova partida de 340.000 euros, que superan os 150.000 que se investiron na pasada anualidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com