Balseiro designado coordinador de campaña do PP na provincia de Lugo

O dirixente do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro, foi designado coordinador provincial da campaña con motivo das eleccións autonómicas do vindeiro 5 de abril. Balseiro xa tivo esta responsabilidade nas anteriores citas autonómicas en 2009, 2012 e 2016 onde esta formación política acadou, a nivel provincial e autonómico, a maioría absoluta tanto en votos como en número de escanos. Neste ocasión o reto será volver a acadar a confianza maioritaria dos lucenses e facer de Lugo unha provincia decisiva no proxecto liderado por Alberto Núñez Feijóo.

Precisamente esta tarde tivo lugar a primeira reunión deste comité de campaña integrado pola presidenta provincial, Elena Candia e o secretario xeral dos populares lucenses, Carlos Armesto, e do que tamén forman parte os alcaldes de Friol e Xove, José Ángel Santos e Demetrio Salgueiro, os deputados Daniel Vega e Sandra Vázquez, os senadores Rosa Arza e José Manuel Barreiro, os concelleiros lugueses Antonio Ameijide e Javier Vázquez.

Jose Manuel Balseiro asegura que as responsabilidades que asume supoñen un “tremendo orgullo” e subliña que “toca traballar con intensidade” para trasladar “os compromisos cumpridos e as propostas dos populares” para revalidar a “confianza maioritaria dos cidadáns”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. 𝑪𝒉𝒆𝒄𝒉𝒂
    Feb 19, 2020 - 08:56 PM

    @PPdeLugo E un cocidiño despois…
    @JavierKrrazana

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com