Balseiro destaca que os orzamentos da Xunta contemplan un “investimento récord” na provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou que os orzamentos do Goberno Lugo para 2020 contemplan “un investimento récord” na provincia de Lugo, máis de 1401 millóns de euros, o que equivale a 4252 euros por lucense, a cifra máis elevada de todas as provincias galegas.

Ademais os recursos con destino concreto á nosa provincia crecen case un 5%, por riba da media autonómica de incremento global do orzamento, que é do 3%. A provincia de Lugo recibirá 60 millóns de euros máis que os previstos para este exercicio (2019).

Balseiro salientou tamén que a Xunta é “con diferenza” a administración que máis inviste na nosa provincia: 16 veces máis que a Deputación de Lugo e 20 veces máis que o Goberno central, cifras que reflicten o compromiso do Goberno galego cos lucenses.

Finalmente, en termos comparativos, Balseiro explicou que o compromiso inversor do actual Goberno galego en Lugo é case 11 veces superior ao que chegaba cando gobernaban PSOE e BNG (o bipartito), e iso a pesar de que eles manexaban un presuposto global maior, a nivel autonómico.

O delegado subliñou a repercusión que terán na provincia algunhas medidas contempladas no proxecto de orzamentos da Xunta para o ano próximo, como é a nova rebaixa fiscal para a compra de vivendas no rural que beneficiará a 1.251 parroquias lucenses. Nas parroquias menos poboadas, o imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados para a compra de vivenda no rural terá a menor tributación de toda España: Pasará do 7% ao 5% para a vivenda habitual e do 10% ao 6% no resto dos casos.

Ademais, en 2020 permanecerá en vigor o programa de impostos cero no rural, que favorece a mozos e mozas menores de 36 anos, familias numerosas e persoas con discapacidade á hora de mercar a súa vivenda.

Por outra banda, o proxecto de orzamentos tamén inclúe a exención de tributación de todas as herdanzas de ata 1 millóns de euros, por herdeiro, que permitirá que o 99% dos lucenses quedarán exentos do pago do imposto de sucesións cando reciban unha herdanza dun familiar directo.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    J Eduardo Veiga
    Out 23, 2019 - 08:25 AM

    MENTIROSOOOOOOO.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo