Balseiro e Baamonde elixidos coordinadores da Mariña e a Terra Chá

José Manuel Balseiro e Agustín Baamonde foron elixidos esta fin de semana coordinadores comarcais da Mariña e da Terra Chá respectivamente, en ambos os dous congresos que os populares celebraron en Viveiro e Vilalba e no que estiveron presentes a presidencia provincial, Elena Candia, o secretario xeral lucense, Juan Carlos Armesto.

Ao de Vilalba asistiu tamén o portavoz do Grupo Popular no Senado e expresidente provincial, José Manuel Barreiro.

José Manuel Balseiro quixo comezar o seu discurso agradecendo o abrumador apoio recibido polos militantes do Partido Popular da Mariña e destacou que son precisamente as súas bases o verdadeiro motor dunha formación política que sempre contou coa confianza maioritaria dos veciños. “Nesta comarca nunca perdemos unha elección”, por iso , dixo, “temos unha débeda de gratitude coa Mariña e comprometeuse a facer o posible por devolver esa confianza”.

Asegurou que “seguirá loitando coa A Mariña como prioridade e quixo poñer en valor a súa experiencia e traballo tanto como concelleiro en Cervo, como deputado no Parlamento de Galicia, e ex secretario xeral para traballar agora por mellorar está terra, o meu fogar”.

Baamonde

Pola súa banda Baamonde explicou que, “o equipo de hoxe se conforma na Terra Chá asume un triplo reto. Por un lado, o de encher de contido á estrutura comarcal que bota a andar para que non sexa algo burocrático e determine as funcións que debe exercer “nunha plataforma que lle permita á presidencia do partido captar os estado de opinión sobre os temas que preocupan á xente e poder consultar con rapidez ese sentir da veciñanza a través dos militantes e simpatizantes”. E, por último, expresou a importancia de contribuír ao asentamento da estrutura do partido a través do seu fortalecemento desde a militancia de base.

No seu discurso como coordinador comarcal, Agustín Baamonde destacou que se trata “dun día importante para o partido, posto que se pon en marcha unha nova organización coa celebración dos congresos comarcais que nace do cumprimento da promesa da nova presidenta do partido en Lugo, o que asegura unha participación total da militancia neste tipo de procesos”.

Maior participación da militancia

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, tivo palabras de agradecemento para as dúas agrupacións “polo seu traballo a favor do proxecto do Partido Popular”. Candia avogou por unha maior participación da militancia. “Quero que a militancia fale, que o poida facer en cada concello, en cada comarca de cara a ter un partido máis próximo”.

Defendeu que o PP de Galicia está “a romper tópicos como o dunha maior presenza dos homes no partido, a idade e a participación. Somos un partido con grandes ideas, grandes equipos e grandes proxectos”. E, o que é máis importante, expuxo, “que entendemos a política como único instrumento para resolver as necesidades dos veciños e veciñas. “Podemos presumir de dar participación á militancia, que é o mellor paso para ser a voz da rúa”, engadiu.

Un afiliado, un voto

A celebración destes Congresos comarcais efectuouse, por primeira vez, de xeito asembleario, polo que foron os afiliados populares de cada comarca os que escolleron co seu voto, de xeito directo, ao novo Coordinador e á súa Executiva.

Tal e como explicou Candia, “o obxectivo principal desta nova estrutura é ofrecer aos veciños de cada  comarca e ao conxunto dos militantes un partido máis pegado ao territorio, e ás súas necesidades, que gañe en proximidade, dinamismo, transparencia e participación”.

Aclarou que as novas agrupacións comarcais non suporán crear novos órganos de dirección, xa que a figura dos coordinadores xa existía, a diferenza radicada en que agora son os militantes os que escollen de xeito directo aos integrantes da Executiva e ao seu presidente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com